O CLUB DA CALCETA (2008)

Produtoras

Outros datos

  • Formato:  Telefilme
  • Xénero: Drama
  • Modalidade:  Ficción
  • Convocatoria:  Producción
  • Formato gravación: HD
  • Duración: 90 min
  • Idioma gravación / Rodaxe:  Galego
  • Subvención concedida:  148.340€
  • Ano de produción:  2008
  • Ano de subvención:  2008
  • Email: produccion@ficcion-produccione s.com
  • Data inicio rodaxe: 15/09/2008
  • Data fin rodaxe: 10/10/2008
   Descrición

O clube da calceta é unha adaptación libre da premiada novela do mesmo nome de María Reimóndez.
Nela nárrase a historia de varias mulleres de diferentes estratos sociais que son paradigmas dunha sociedade machista e clasista. 
 
Estas mulleres, diferentes entre si. Reúnense casualmente todos os xoves para practicar….calceta. Pero esta historia non intenta amosar estas mulleres como simples víctimas, polo contrario,  é unha historia de superación e loita.
Expoñemos a historia coma un relato coral de corte naturalista que pouco a pouco se escurece para deixar paso a unha trama de misterio na que estrañamente se suceden mortes na cidade.  
Somos conscientes de que o relato coral non é habitual neste tipo de proxecto pero precisamente como este grupo forma unha unidade homoxénea e clara , as diversas tribulacións das nosas protagonistas teñen un carácter unitario. Tamén esta distribución de papeis dá posibilidade dunha meirande axilidade narrativa, facendo crecer así o ritmo e o suspense.

   Argumento

Vigo. 2007.  Cinco mulleres  acoden a unhas clases de calceta. Este pequeno vencello, anodino e insignificante ós ollos dos demáis, convírtese nun nexo de unión destas mulleres tan diferentes entre si. A través das súas diversas reunións elas van espindo os seus temores e angustias provocadas por unha sociedade machista. Está unión daralles  a forza individual a cada unha para loitar por un cambio nas súas vidas.
Pero tamén unirán os seus esforzos para axudarse mutuamente. Homes de diferentes clases sociais e condición caerán víctimas duns fíos invisibles que se entrelazarán por toda aa cidade. Fíos que cada vez chegan máis lonxe e agarran máis forte… 
Vinganza, reivindicación, xustiza… o clube da calceta e os seus membros non teñen límite. Porque é unha revolución e iso non se pode parar… ¿ ou si?

   Localización

Ferrol

   Observacións

O proxecto tivo unha axuda de 20 000 euros ao desenvolvemento de proxectos no 2007
Podes vela en Flocos.TV: http://flocos.tv/adianto/o-club-da-calceta-trailer/

GRANDE PRÉMIO FAMAFEST 2009 http://famafest2009.blogspot.com/

 

    Mapa web  |  Nota legal  |  Accesibilidade