QUEN SON? (2008)

Equipo técnico

Director/a: Eloy Lozano Coello
Guión: Eloy Lozano Coello
Productor/a: Eloy Lozano Coello
Director/a de fotografía: Pedro Garcia Losada
Director/a de arte: Eloy Lozano Coello
Director/a -Xefe de produción: Mónica Mejías Garabal
Montaxe: Vanessa Garcia Sampedro
Xefe/a Son: Pedro Garcia Losada
Operador/a - Cámara: Pedro Garcia LosadaVanessa Garcia Sampedro

Produtoras

Outros datos

  • Formato:  Longametraxe
  • Xénero: Experimental
  • Modalidade:  Documental
  • Convocatoria:  Producción
  • Formato gravación: HD
  • Duración: 85 min
  • Idioma gravación / Rodaxe:  Galego
  • Orzamento:  88.400€
  • Subvención concedida:  35.000€
  • Ano de produción:  2008
  • Ano de subvención:  2007
  • Email: eloy@off-films.com
  • Data inicio rodaxe: 05/05/2007
  • Data fin rodaxe: 15/07/2008
  • Data estrea: 16/10/2008
   Descrición

Unha visión con ollada persoal sobre Galicia e os seus habitantes arredor da idea da identidade como base sustentadora que vai conformar unhas persoalidades diferenciadas sicolóxica e socialmente.A estructura é de documental mais ou menos ficcionado ou experimental con incursións dentro do mundo da videocreacion.
Formalmente é unha longametraxe e pretende funcionar coma tal.

   Argumento

Partindo da idea históricamente constatada da existencia dunha Galicia, dun ser galego diferenciador e diferenciado, constrúese todo un andamiaxe visual e sonoro arredor desa idea personificada por persoas senlleiras vivas ou desaparecidas e tamén protagonistas actuais da realidade da Galicia de hoxe soslaiando sempre plantexamentos políticos explícitos e centrándose sempre nas partes mais poéticas da idea cunha linguaxe innovadora tipo documental á forza de enquisas, manipulacions ou indagacións fidedignas.
Constrúese unha idea de Galicia baixo a ollada do seu realizador, chea de experimentos visuais narrativos indagando nun xénero raiano co documental, a ficción, o Doc. histórico etc… Enquisas, imaxes de arquivo, textos, poesía, foto, videocreación… se utilizan para indagar nunha idea de Ser Galego hoxe, no 2007.

   Localización

Toda Galicia coma escenario.Interior vivendas e institucións, paraxes históricos, rúas, parases naturais emblemáticos.Lugares de traballo. Sets propios do material de arquivo.Localizacións sempre con referente Galicia.

   Observacións

Estrea en Panorama Galicia no Festival de cine de Ourense. Podes vela en Flocos.TV: http://flocos.tv/curta/quen-son/

    Mapa web  |  Nota legal  |  Accesibilidade