Desta volta o director, Ozo, deixa o xénero da acción para se adentrar no do terror, cunha historia claustrofóbica de tintes sobrenaturais. Nela repite como protagonista o actor lugués Marcos PTT Carballido, acompañado polo coruñés David Lendoiro. Tamén repiten a meirande parte de integrantes do equipo técnico que fixo "Baseado...", como Jorge Eiroa no departamento de Produción, Lorena Vilas no de Dirección ou Fanny Bello como Maquilladora, entre outros.
A montaxe, a cargo de Joserra Lorenzo (La Esponja) e o músico Manu Riveiro compuso a banda sonora. O equipo de Carlos Mourinho (O Son do Tagalem) ultimou a post-produción de audio.
A estrea pública de "AUGA" tivo lugar a comezos de 2007 no Teatro Principal de Santiago.
ArgumentoÉ noite. Dous ladróns tentan roubar no interior dun vello Seat Ibiza aparcado no porto. Pero o coche sabe como defenderse deles...
LocalizaciónPorto de Sada (A Coruña).
ObservaciónsMención especial do xurado, á fotografía, na IX Mostra de Curtas Vila de Noia (2007). Premio á mellor curta en galego no Festival de Cine Centrifugado e Canalla (Sada, A Coruña 2008).
Podes vela en Flocos.TV: http://flocos.tv/curta/auga/