Esta obra iniciática do autor Martiño Vázquez descrebe, a xeito de latigazo emocional, a viaxe psicolóxica do seu protagonista polas galernas dunha guerra calquera. Deslocalizada no tempo e no espazo, O Cerco procura describir cal é o lugar onde se esconden as guerras, como é, a quen pertence, quen o sufre, e como se soporta a súa furia na soidade dun cuarto.
A historia aparece suxerida no ano de 2004 tras a reflexiva incolora sobre a condición humana en canto aos seus aspectos máis escuros; sobre a terrible necedade dos seus ódios, envexas, medos e histerias. O Cerco, en definitiva, e envolveita nunha amalgama de texturas sensoriais, busca proxectar ao espectador aos verxeis da ausencia, o desprezo e a loucura. Tendo moi presente que o cine, coma outras tantas empresas, sofre as indiferencias do mundo cando o nome do autor é descoñecido, cabe sinalar tamén que só estaría a ser posible gracias á unión incondicional de compañeiros profesionais do sector.
Fuxido de luminosidades e glamoures, de apoios formais e congratulacións fáciles, O Cerco non deixa de querer medrar e chegar ao público, aos xurados e á crítica, para valorá-lo, aplaudí-lo ou envexá-lo..., mesmo para odiá-lo ou desprezá-lo, calquera cousa que sexa, menos a indiferencia.
"No medio dun clima de belicismo sen lindes, aínda hai un lugar onde se libra a máis fera das batallas: a psique do ser humano. Por riba da dor e da vontade, o cidadán 3398-MVB enfrontará-se nesta historia claustrofóbica a unha verdade máis dura incluso: á súa real existencia sen outra alternativa que a da propia fuxida desesperada pero…, hacia onde?...
Sen embargo, sempre hai alguén que se agocha nas sombras agardando a nosa debilidade para sobmeternos, para obrigarnos a habitar un cerco de inhóspitas formas cheo de medos e de odios... O Cerco da nosa memoria atormentada..."
Praia de Rueta (Cervo), Figuerido (Cervo), Núcleo urbán de Cervo
Estrea no Auditorio de Burela (Lugo).
Podes vela en Flocos.TV: http://flocos.tv/curta/o-cerco/