ARGAZO (2006)

Outros datos

  • Formato:  Curtametraxe
  • Xénero: Etnografía
  • Modalidade:  Documental
  • Convocatoria:  Non subvencionado
  • Formato gravación: DV Cam
  • Duración: 26 min
  • Idioma gravación / Rodaxe:  Galego
  • Ano de produción:  2006
  • Email: ghrelo@yahoo.es
   Descrición

Este documental está baseado no diálogo entre imaxes de hoxe e fragmentos de Los hombres de Arán (1935) de Robert Flaherty. Un homenaxe á muller e ao espírito de supervivencia da xente do mar. Unha suma de refugallos de imaxes e sons que enxergan os Fisterres europeos, diferentes culturas e diferentes tempos. 

   Argumento

Hoxe en día, na costa da Guarda, ao sur de Galicia, pervive a tradición de recoller algas que son arrincadas polo mar embravecido.
Documental poético sobre o esforzo titánico das argaceiras, mulleres que se dedican a recollida de oucas (argazo) na vila da Guarda.

   Localización

A Cruzada, O Carreiro, A Robaleira, Punta Xenete, o Porto e o Varadoiro, lugares da costa da Guarda.

   Observacións

Podes vela en Flocos.TV: http://flocos.tv/curta/argazo/

    Mapa web  |  Nota legal  |  Accesibilidade