O DIARIO DE BERTO (2008)

Equipo técnico

Produtoras

Outros datos

  • Formato:  Curtametraxe
  • Xénero: Infantil
  • Modalidade:  Animación
  • Convocatoria:  Non subvencionado
  • Formato gravación: HD
  • Duración: 12 min
  • Idioma gravación / Rodaxe:  Galego
  • Ano de produción:  2008
  • Email: prensa@deboura.es
   Descrición

Inspirado nun conto escrito polo cubano Andrés Pi Andreu, “O Diario de Berto” é o reflexo do mundo actual visto a través dos ollos dun neno de oito anos que vai escribindo as súas impresións nun caderno, a modo de diario. Na serie estarán presentes todo tipo de problemas que comparten as sociedades modernas: a existencia de familias monoparentais, a amizade e tolerancia entre distintas razas, as relacións entre irmáns de distintos pais, o matonismo nas escolas, a mala alimentación, a hixiene… En definitiva, quere ser unha nova ollada de cara á infancia dun mundo globalizado e cambiante, pero reflectida nunha cidade absolutamente normal, onde a vida semella transcorrer sempre igual.

   Argumento

“O Diario de Berto” xira en torno á historia dun neno que decide apuntar no seu diario todo o que lle vai contecendo: as relacións cos seus amigos e familia; e todo o vinculado ao seu entorno físico e social. Tamén os seus desexos e inquietudes, os pequenos problemas que resultan inmensos para el… É un neno dunha grande sensibilidade e imaxinación que quere ser astronauta, pero considérase a si mesmo demasiado feo, baixiño e pequeno para alcanzar o seu soño. A través dos seus ollos saberemos qué é a gravidade, por qué vai friaxe no inverno ou cómo funciona un avión, entre outras cousas.

   Observacións

Piloto de serie de animación
Podes vela en Flocos.TV: http://flocos.tv/curta/o-diario-de-berto/

    Mapa web  |  Nota legal  |  Accesibilidade