Peza realizada dentro do proxecto "Opticas cruzadas"
O proceso comezou no mes de outubro de 2007, cando os catro realizadores galegos foron seleccionados. Buscáronse perfís de creadores e creadoras orixinais e independentes, que estivesen libres de responsabilidades profesionais que lles impedisen asumir o proxecto. Escolleuse a Margarita Ledo, Alberte Pagán, Mario Iglesias e Cora Peña, catro realizadores de perfís moi diferentes, para catro propostas creativas de cadanseu xénero e estilo. Para a selección dos correspondentes cubanos contamos coa asesoría de Natasha Vázquez, que realizou unha proposta de catro realizadores cuxos perfís se poderían corresponder cos dos catro galegos. Decidimos que as e os creadores galegos terían a opción de propor unha alternativa, como fixeron Margarita Ledo e Alberte Pagán. Nos últimos días de novembro de 2007 a selección dos catro creadores cubanos estaba pechada e todos os contactos realizados, co cal os oito puideron empezar a traballar na ideación e produción das súas pezas.
As outras pezas son:
O ALMORZO DO POETA (2008) (Mario Iglesias González)
CATRO CARTAS (2008) (Cora Peña Hernández, Ernesto Daranas)
A SOLUÇOM É O SOCIALISMO (2008) (Alberte Pagán, Eduardo Moltó)
Estruturada en dous capítulos, segundo un esquema de cinema de correspondencia, onde a realizadora galega lle pide á cubana que vaia filmar na vila natal da súa nai, o que está fai, retratando con imaxes actuais e de arquivo o Cienfuegos daquela época. Na segunda parte, máis intimista, Margarita Ledo emprende unha viaxe emocional polas lembranzas da súa nai na casa familiar da Terra Cha.
LocalizaciónCienfuegos (Cuba); Terra Chá (Lugo)
ObservaciónsEstrea en Panorama Galicia no Festival de cine de Ourense
Podes vela en Flocos.TV: http://flocos.tv/curta/cienfuegos-1913/