TRALAS LUCES (2008)

Equipo técnico

Director/a: Sandra Sánchez Cachaza
Guión: Sandra Sánchez Cachaza
Productor/a: Fernanda del Nido
Produción executiva: Fernanda del NidoHugo Castro Fau
Compositor/a música: Piti Sanz
Director/a de fotografía: Sandra Sánchez CachazaFernando Dans
Director/a -Xefe de produción: Xabier Eirís RodríguezOscar Pousada Iglesias
Montaxe: Sandra Sánchez Cachaza
Xefe/a Son: Carlos Mouriño VarelaClaudio Canedo Ferreira
Axudante de produción: Alicia Arias Raposo

Produtoras

Outros datos

  • Formato:  Longametraxe
  • Xénero: Experimental
  • Modalidade:  Documental
  • Convocatoria:  Producción
  • Formato gravación: HDV
  • Duración: 90 min
  • Orzamento:  246.967€
  • Subvención concedida:  65.000€
  • Ano de produción:  2008
  • Ano de subvención:  2007
  • Email: metaluna@teleline.es
  • Data inicio rodaxe: 05/03/2008
  • Data fin rodaxe: 16/12/2008
   Descrición

TRA- LAS LUCES é unha película sobre unha viaxe, a viaxe física e emocional dun grupo de homes e mulleres feirantes.  Nesta película hai claramente dous mundos: o da ruidosa feira, un decorado cheo de sons, músicas e luces de cores...e o mundo que se agocha detrás das luces dese decorado. Ahí se agocha a itinerancia e o desarraigo, a vida permanente na periferia. Un mundo en perigo de extinción e un oficio en decadencia. Este é un documental de personaxes, de pequenas historias que se irán escribindo na rodaxe e logo na montaxe. Viaxaremos con eles. atravesando situacións e conflictos variados e imprevisibles, para estar no cruce de camiños, no punto de corte de moitas traxectorias humanas.

TRA-LAS LUCES é unha película documental de creación. Un achegamento poético sobre a historia e os personaxes, pero cun estilo realista e lonxano ó preciosismo.
En definitiva, o retrato dunha vida nómada.   O proxecto foi subvencionado no 2006 para o desenvolvemento de guión e, no 2007 acadou a subvención á producción na convocatoria a longametraxes dixitais da Xunta de Galicia.Sandra Sánchez, autora e directora do proxecto, ven traballando no desenvolvemento do mesmo todo este tempo.Tic Tac Producciones (Galicia)  e Lagarto Cine (Arxentina), sumáronse a esta aventura e, actualmente, atópanse traballando para levar a cabo o proxecto e loitando para que TRA-LAS LUCES teña un alcance internacional.

   Argumento

Os feirantes son os últimos nómadas da nosa sociedade. Detrás das luces de cores das festas, dos autos de choque, as tómbolas, o “tren da bruxa”, “o barco pirata” ou o “saltamontes”; hai familias enteiras que gañan a vida de feira en feira, de sitio en sitio.  
Estes homes e mulleres, habitantes permanentes dos arrabaldos das cidades, viven en caravanas formando pequenos pobos ambulantes durante máis de oito meses ó ano.  Galegos, extremeños, portugueses, xitanos, húngaros e romaneses, reúnense en Galicia durante os meses que dura a tempada das festas. A vida dos donos e traballadores das barracas é unha constante viaxe, unha itinerancia permanente. Durante o inverno, algúns continúan outras actividades sedentarias. Outros deciden seguir viaxando no interior das súas caravanas, ampliando o seu percorrido por toda a xeografía española e portuguesa, habitando todo o ano estradas, camiños e descampados. 
TRA-LAS LUCES  é unha película documental contada a modo de road-movie.
Unha historia coral na que se entrecruzan moitas traxectorias humanas.
Unha mestura de culturas, idiomas e formas de entender a vida.
Unha viaxe que non remata.

   Observacións

Este proxecto contou cunha axuda de 12 000 euros á escrita de guión, na convocatoria do 2006

    Mapa web  |  Nota legal  |  Accesibilidade