Bechos Raros é a curtametraxe rodada en Santiago de Compostela este verán, tras resultar o seu guión, homónimo, gañador do concurso estatal de guións para curtametraxes de ficción Compostela Plató, dentro do III Festival Internacional de Curtametraxes de Santiago de Compostela, CurtoCircuíto’06.
Bechos Raros está baseada no guión escrito por Estíbaliz Burgaleta e Alegría Collantes, que foi seleccionado polo xurado do premio de entre os preto de 150 textos enviados a concurso dende todo o territorio estatal. Esta curtametraxe, que conta co apoio da Consellería de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia con 10 000 euros, enmárcase no III Festival Internacional de Curtametraxes de Santiago de Compostela, CurtoCircuíto’06; unha iniciativa de Santiago de Compostela Film Commission, dependente de Incolsa-Turismo de Santiago, apoiada polo Concello de Santiago de Compostela, xestionada por Ficción Producciones
O ser humano é o becho máis raro da natureza. Para demostrar esta afirmación seguiremos os pasos de tres curiosos especímenes de bechos raros: José Luis pertence á tribu urbana dos “sinistros”, Raul é un frikie dos video-xogos e Eva unha fervinte adepta á astroloxía. Os tres sofren a marxinación dunha maioría que lles rechaza por ser diferentes e lles dificulta a búsqueda de alimento, seguridade e reproducción que guía os instintos de tódolos animais. Cada un deles se enfronta á decisión de cómo vivir a súa condición de raro. José Luís elixe a estratexia do camaleón, esconde a súa verdadeira personalidade e se camufla entre a maioría para no sufrir. Raul, cal lobo solitario, refúxase na súa guarida e se relaciona co mundo a través dunha pantalla de ordenador. Eva busca o calor dunha manada de lunáticos coma ela, entre os que sentirse integrada. Esta é a historia de tres bechos raros habitantes nun ecosistema “normal” que lles é hostil, que elixen tres formas distintas de vivir a súa vida. E precisamente é esa capacidade de elección a que fai do ser humano o becho máis raro da natureza.
LocalizaciónSantiago de Compostela.
ObservaciónsFinalizado e entregado na Axencia Audiovisual Galega.