NUMERALIA (1990)

Equipo técnico

Produtoras

Outros datos

  • Formato:  Curtametraxe
  • Xénero: Experimental
  • Modalidade:  Animación
  • Convocatoria:  Curtametraxes
  • Formato gravación: 35 mm
  • Duración: 3 min
  • Subvención concedida:  11.419€
  • Ano de produción:  1990
  • Ano de subvención:  1988
   Descrición

Esta peza  conecta cunha tradición de experimentación  das primeiras avangardas e coas propostas artesanais do cinema de McLaren. Utilizando téncicas  tradicionais do cinema de animación o autor se achega a conceptos como o azar, o aleatorio e a entropia, desenvolvendo un xogo de estilo...

Esta peza, que consta de apenas tres minutos de vertixinosa animación, podería funcionar como cabeceira dun programa de televisión actual. Emporiso, o seu interese para esta mostra radica en que, como outras moitas pezas da época, se sitúa nas marxes da estética do vídeo dos oitenta, marcada sobre todo pola experimentación coas posibilidades do vídeo como formato. A súa estrutura conecta coa tradición das vangardas cinematográficas e, desde un punto de vista estético, coas propostas case artesanais do cine experimental de Norman McLaren, aínda que tecnicamente estea moi distante das mesmas.

Para este traballo Eloy Lozano empregou técnicas semellantes ás tradicionais do cine de animación, pero utilizando o soporte videográfico. Non en balde o autor procede do mundo do cine e dirixira a súa primeira película, unha adaptación cinematográfica da novela de Xosé Luís Méndez Ferrín Retorno a Tagen Ata, en 1974.

En Numeralia Lozano pon en xogo a súa experiencia no cine para achegarse a un medio novo, indagando formalmente, mesturando e experimentando, pero sen forzar ao máximo as características do vídeo. O resultado é unha peza visualmente plástica e rítmica na que o autor se aproxima a conceptos coma o azar, o aleatorio e a entropía, desenvolvendo un xogo de estilo marcadamente pictórico.

   Argumento

Historia bélica desenvolta nun campo de batalla entre números.

   Localización

Animación experimental

   Observacións

Podes vela en Flocos.TV: http://flocos.tv/curta/numeralia/

    Mapa web  |  Nota legal  |  Accesibilidade