A memoria esvaécese e o pasado non é máis que un eco no espazo que o acolleu. Hoxe estes ecos dilúense nun espazo cambiante vítima da salvaxe e irreversíbel especulación inmobiliaria. A Costa da Morte está á venda. Baixo a fachada de prosperidade económica o fenómeno inmobiliario agacha a emigración, a falla de industrias, a desestruturación económica e a especulación perfilando un futuro no que os pobos se desartellan e onde se promove un desprezo total ao contorno, un contorno que en certa medida é o que nos di quen somos.
ArgumentoA casa de Lola de Andrés intenta ser unha aproximación ao pasado, presente e futuro da costa da morte. Actualmente a construción masiva e a desorganización urbanística están a provocar unhas transformacións que cambiaran para sempre as particularidades desta comarca. A costa da Morte está afrontando o cambio sen preparación previa. O entorno e o pasado estanse a diluir ferozmente nun mar de cemento pero aínda é recuperable a través dalgúns espazos e sobretodo a través da memoria dos maiores.Os vellos son a memoria, unha memoria en extinción que desaparece inexorablemente, e debe circular sen filtros, ser presentada sen intervención, sen distracción.Doutra banda, os espacios que foron testemuña do pasado deben de ser circulados, permitindo a reflexión ao opoñer o que foron co que son hoxe en día.
LocalizaciónSardiñeiro, Fisterra, Corcubión, Cee, Muxía,... (Costa da Morte)
ObservaciónsTitulo inicial: A costa defunta. Có apoio da Secretaría Xeral de Igualdade. Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar.
Podes velo en Flocos.TV: http://flocos.tv/curta/a-casa-de-lola-de-andres/