A FLOR MAIS GRANDE DO MUNDO (2006)

Equipo técnico

Director/a: Juan Pablo Etcheberry
Guión: Juan Pablo Etcheberry
Productor/a: Francisco Casal Vidal
Produción executiva: Chelo Loureiro
Compositor/a música: Emilio Aragón
Director/a de fotografía: Juan Pablo Etcheberry
Director/a -Xefe de produción: Ana Fernández Fernandez
Montaxe: Juan Pablo Etcheberry

Produtoras

Outros datos

  • Formato:  Curtametraxe
  • Xénero: Fantástico
  • Modalidade:  Animación
  • Convocatoria:  Producción
  • Formato gravación: Betacam
  • Duración: 10 min
  • Idioma gravación / Rodaxe:  Galego
  • Orzamento:  171.898€
  • Subvención concedida:  20.000€
  • Ano de produción:  2006
  • Ano de subvención:  2006
  • Email: coruna@continental-produccione s.es
  • Data inicio rodaxe: 01/07/2006
  • Data fin rodaxe: 05/01/2007
  • Data estrea: 20/03/2007
   Descrición

A flor máis grande do mundo é o único conto para nenos que escribiu o gran escritor portugués José Saramago. Neste conto, o propio Saramago quéixase de non saber escribir historias para nenos, iniciando o relato cunha presenza activa do autor que, con inusitada humildade, descúlpase pola súa ignorancia. O texto invita ao lector a que conte outra vez a historia coas súas propias palabras, e iso é exactamente o que pretendemos facer. E pretendemos máis. Querémola contar con imaxes en movemento dirixida a un público universal.
Para a realización d´A flor máis grande do mundo utilizaremos unha mestura de animación tradicional foto a foto, con técnicas dixitais de postprodución e composición. Pretendemos desenvolver unha estética moi persoal, na que o realizador Juan Pablo Etcheverry teña a oportunidade de plasmar de cheo as súas capacidades creativas e sorprender cunha obra chea de transformacións, xestual e moi expresiva, que resulte moi estimulante para imaxinación de grandes e pequenos.

   Argumento

Un escritor que non se sinte capaz de escribir unha historia para nenos, comeza a relatar como sería esta historia que quere contar. As palabras do escritor deixan paso á historia que o autor non é quen de escribir.
O protagonista é un neno duns sete anos que unha tarde de verán decide explorar o fascinante mundo existente a cinco minutos da súa casa.
Durante esta aventura chegará a un souto reseco e inhóspito onde atopa unha flor murcha. O neno non dubida en axudar á flor para que recupere toda a súa beleza e vai na procura de auga. O traballo para este neno é inmenso e esgotador, pero el pon todo o seu empeño, e a flor non so renace, senón que medra dunha forma fantástica converténdose na flor máis grande do mundo e, probablemente, na máis fermosa.
Cando o escritor remata o seu relato decátase de que a historia xa nola acaba de contar…
“Ao remate foi doado contar a historia. Agora que xa coñeces o argumento, como nola contarías ti?”

   Localización

Stop motion 2d e 3D

   Observacións

Contou cunha axuda de 4 000 euros para a súa estrea da Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual. Nominado como mellor curtametraxe de animación nos premios Goya 2008
Seleccionado nos festivais:
Festival de CANS
(Pontevedra). Maio 2007. Premio do Público
Festival Internacional Animación de Córdoba (Argentina) Anima`07.  Setembro 2007
Curtocircuito`07. (Santiago de Compostela). Outubro 2007
Animadrid`07 (Madrid). Setembro-Outubro 2007
Alcances`07. Muestra Cinematográfica del Atlántico  (Cádiz). Setembro 2007
Sedicicorto 4th International Film Festival (Italia). Outubro 2007
LALIFF. Los Angeles Latino International Film Festival (USA). Outubro 2007
Festival Internacional  De Tv de Barcelona. Novembro 2007
CINANIMA  Festival Internacional Cine de Animación (Portugal). Novembro 2007
Cuentometrajes`07. III Festival Internacional De los Silos (Tenerife) Novembro 2007. Premio do Público
14 edición Festival Corto Ciudad Real 07 (Ciudad Real). Novembro 2007. Mención Especial
Mostra Curtas Vila de Noia.(A Coruña). Novembro 2007
Anchorage International Short Film Festival (Alaska). Decembro 2007.
Oosik, Best Animation.
Festival Du Cinema de Paris. (Francia). Decembro 2007.
Chicago Short Film Festival. (USA). Decembro 2007.  Premio ao Mellor Guión
Future Film Festival (Italia). Xaneiro 2008
Cortometrajes Versión española/SGAE.(Madrid). Xaneiro 2008
ANIMAC. Muestra Internacional de Animación de Cataluña (Lleida). Febreiro 2008
Festival court-metrage de Clermont-Ferrand (Francia). Febreiro 2008 (Sección:Shorts From Spain)
Barcelona VisualSound. Febreiro 2008
Prêmios Goya 2008. Premios Anuales de la Academia de las Artes y las Ciencias Cinematográficas Febreiro 2008. Nominada á Mellor Curtametraxe de Animación.
Fotogramas en Corto. (Barcelona). Marzo 2008
FANTASPORTO.28º Festival Internacional de Cinema de Porto (Portugal). Marzo 2008
Animabasauri. Festival  Internacional Cine de Animación de Basauri.(Bilbao). Abril 2008
Festival Bimini. The 6th International Festival of Animated Films (Letonia). Abril 2008
Indie Lisboa.International Independent Film Festival (Portugal). Abril 2008
Festival Contraplano 2008. (Segovia). Abril 2008. Mellor Animación
Premios Mestre Mateo 2007.Premios Anuais da Academia Galega do Audiovisual.(Ferrol). Premio á Mellor Curtametraxe de Animación. Abril 2008
Fica 2008. Festival Internacional de cinema de Algarve (Portugal) Maio 2008
Kosmopolis  Fiesta Internacional de  Literatura  (Barcelona). Outubro 2008 

Mostras
Ciclo de Cortometrajes Aranda del Duero. Organiza: Concellalía Aranda del Duero. 17-19 Marzo 2007
Ciclo de Cine Estambul. Organiza: Instituto Cervantes. 5-10 Xuño 2007
Ciclo de Cine en Bogotá. 9 Xullo 2007
Xll Festival "Siete soles,Siete lunas". Organiza: Instituto Cervantes. 20 Xullo 2007
Mon Libre. (Cataluña) Organiza: Instituto Cervantes. 2007
2º Festival da Palabra. (Ourense). 10 Agosto 2007
Cortogenia. Organiza: Instituto da Cinematografia e das Artes Audiovisuais. Xaneiro 2008
Expo Zaragoza 2008.Pabellón Tribuna del Agua. 19 Xuño 2008 (14 Xuño-14 Setembro 2008) 
Podes vela en Flocos.TV: http://flocos.tv/curta/a-flor-mais-grande-do-mundo/

    Mapa web  |  Nota legal  |  Accesibilidade