O malogrado director Chano Piñeiro realiza a súa única longametraxe escollendo como tema a emigración dende o punto de vista dos "que se quedan", como xa fixera anteriormente en Mamasúnción. Sempre Xonxa contén un certo tono lírico que non envelleceu a película nos derradeiros anos e de seguro que có tempo acadará a categoría de clásico, especialmente por unha das mais espectaculares e realistas secuencias de embarques de emigrantes do cinema español: Referímonos ao embarque de emigrantes no peirao de Vigo considerada polo historiador Xosé Nogueira como unha das secuencias millor filmadas do cinema galego.
ArgumentoXonxa, Pancho e Birutas medran xuntos. Xa na adolescencia Birutas emigra a México e durante dez anos non hai noticias del. Ao cabo dese tempo, ben traxeado e dono dun bo coche, regresa a aldea coa certeza de que Xonxa o agarda... Pero Xonxa e Pancho casaron xa vai para tres anos e teñen unha filla “Xonxiña”. Birutas convence ao seu amigo de que na aldea non hai futuro e ofrécelle un posto de home de confianza á fronte dalgún dos seus negocios. Pancho confia na súa palabra e marcha con él. Pero Birutas deixao embarcar só, facéndolle crer que ten problemas cos papeis. Convencido de que na ausencia de Pancho poderá conseguir a Xonxa, Birutas volta a aldea, pero ante a negativa da muller a viola e marcha a América. Ö cabo duns meses Pancho regresa só e enfermo; durante días permanece pechado na habitación sen querer falar con ninguén. D. Xosé Luís o mestre consegue que lle conte o que pasou e Pancho relata o engano do seu antiguo amigo. Pouco a pouco, Pancho vaise recuperando e volve a vida normal. Pasan os anos e o inesperado regreso de Birutas ven a altera-la tranquilidade das súas vidas. O mestre intenta inútilmente convece-lo indiano para que volva por donde veu. A mañá seguinte Xonxa e Pancho atopan ao seu amigo colgado dunha arbore.
LocalizaciónValdeorras: Santa Olaia (Petin), Petin,Muiño de Soldon (Lugo), Bustelo de Fisteus (Queiroga-Lugo), Vigo (porto), Ferreria de Compludo, As Medulas.