A MEIGA CHUCHONA (2006)

Equipo técnico

Director/a: Pablo Millán
Guión: Ana Lombao Vázquez
Productor/a: Pablo MillánAna Lombao Vázquez
Compositor/a música: Pablo Millán
Director/a de arte: Ana Lombao Vázquez
Montaxe: Pablo Millán
Xefe/a Son: Luis Iglesias Fernández

Outros datos

  • Formato:  Curtametraxe
  • Xénero: Fantástico
  • Modalidade:  Animación
  • Convocatoria:  Curtametraxes
  • Formato gravación: Mini DV
  • Duración: 7 min
  • Idioma gravación / Rodaxe:  Galego
  • Orzamento:  7.960€
  • Subvención concedida:  5.960€
  • Ano de produción:  2006
  • Ano de subvención:  2006
  • Email: equipotecnico@yahoo.es
  • Web: http://www.arteautor.com/
   Descrición

O proxectar a elaboración da curtametraxe de animación sobre unha lenda galega tivemos claro que nos interesaba tanto recrear a historia que narra como o xeito no que se leva a cabo a súa divulgación (tradición oral); un narrador vai contando a historia, apoiándose nas ilustracións animadas. Buscamos un carácter intimista, xogando cos conceptos de daguerrotipo e de ilustración de conto, a través da animación 2D, do claroescuro e das viradas. As nosas principais referencias son as animacións de Starewicz, Jiri Trinka, Jan Svankmajer, a película italiana Allegro ma non tropo; o expresionismo alemán de Murnau, Fritz Lang e das fotografías de Ksado, Acuña, etc…

   Argumento

Lenda tradicional galega que conta a historia dunha muller á que lle van morrendo tódolos fillos, un tras outro, dun estraño mal que os deixa febles e enxoitos ata rematar con eles. A nai fai todo o que está da súa man, chama ao médico, ao cura, pero non lle dan cun remedio, ata que só lle queda con vida o máis cativo, que está a seguir os pasos dos irmáns. Xa coma derradeiro recurso a muller fala cunha vella, que lle mostra que está a sufrir mal de ollo; os seus fillos morren vítimas da fame voraz da meiga chuchona, e dalle as indicacións precisas para acabar con ela. Esa mesma noite mentres a nai vela ao carón do berce, decátase de que o cativo ten unha mosca noxenta e terrible pousada no pescozo chuchándolle o sangue. Arrepiada, pronuncia o esconxuro e golpea ao mosca que, ferida de morte, fuxe pola fenda da porta. Ao día seguinte as campás volven tocar a morto, pero desta vez, non polo seu fillo que espértase sán, senón por outra muller do pobo cunha semellanza terrible á mosca.

   Localización

Animación.

   Observacións

Có apoio da Secretaría Xeral de Igualdade. Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar.
Crítica: CAFÉ&CHURROS: ´A meiga chuchona´, obra mestra da animación galega.
Podes vela en Flocos.tv: http://flocos.tv/curta/a-meiga-chuchona/
Premios e Festivais:
Platinum Remi Award, Best CGI Short Film, 41st Annual WorldFest-Houston International Film Festival, 2008, EEUU.
-2° Premio Mellor Animación, The End of the Pier Film Festival, 2008, Bognor Regis, UK.
-Mención especial do Xurado, Certamen Audiovisual FEIMA 2008.
-Finalista no The Festival Of Fantastic Films, 2008, Manchester, UK.
-MUMIA – Mostra Udigrudi Mundial de Animação 2008, Brasil.
-15th CineSol Film Festival 2008, Harlingen, EEUU.
-California International Animation Film Festival 2008, Modesto, EEUU.
-Cartoon Club Animation Festival 2008, Rimini, Italia.
-Festival Filminho, 2008.
-Mostra Internacional de Cinema d'Animació de Catalunya ANIMAC 08, Lleida.
-Festival Internacional de Animación ANIMADRID 2008.
-V Festival de Curtmetratjes a la Platja crit D'Art, 2008, Blanes.
-Caóstica 6, Festival de Cortos, 2008, Bilbao. 
 -Festival Internacional de Cortometrajes Curtocircuito 2008, Santiago de Compostela.
-"I Castelli Animati" XII International Animated Film Festival, 2007, Cinecitá, Roma, Italia.
-Istanbul International Animation Festival IAF.4,Estambul,Turquía.
-Fest-i Kult 3, Ankara,Turquía.
-Renderyard Film Festival 2007, Londres. UK.
-Portobello Film Festival 2007, Londres. UK.
-Festival Internacional de Los Silos, Cuentometraje 2007, Tenerife.
-Concurso de Cortos de Animación Mancomunidad de la Sidra 2007, Nava, Asturias.
-Festival de Cine Independiente de Ourense, 2007.
-Certamen Audiovisual Liceo Casino de Vilagarcía de Arousa, 2007.
-I Festival de Cortometrajes Ciudad de Vigo.
-Festival de Cans 2007.
-Festival On&Off 2007, Ribadeo.

    Mapa web  |  Nota legal  |  Accesibilidade