O obxectivo de Adeus Edrada? é intentar que a xente non esqueza esa memoria histórica tan misteriosa e enxebre de antano da nosa Galicia. Nesa cultura están as lendas, entre elas as da Santa Compaña (historia que se conta na curta) e eses pobos que van quedando sen xente e e as súas construcións en ruína. Ímoslle dicir adeus a pobos como Edrada e a cultura literaria galega dos nosos antepasados? Adeus Edrada? é unha homenaxe a tódolos lugares que pouco a pouco van caendo no esquecemento pola forma de vida que na actualidade nos toca vivir. Tamén pretende ser unha homenaxe a nosa tradición oral e a tódalas xentes que aínda seguen vivindo en pequenas vilas como Edrada, un paraxe natural fabuloso que desde aquí vos convido a visitar.
ArgumentoSusiño é un cativo de dez anos moi medorento. Unha das historias máis presentes nos seus soños e nas súas vivencias do día a día é unha historia que lle contou a Tía Narza sobre a Santa Compaña. A emigración dun veciño, José, é motivo de inquedanza e sorpresa para Susiño. Pasado un ano, a volta deste veciño fai que esa inquedanza e sorpresa se convertan en ledicia e nunha esperanza que se verá truncada, porque unha noite cando Susiño está mirando pola fiestra a Santa Compaña, da que tanto escoitara falar, ven na procura do seu veciño José. Isto provocará unha serie de acontecementos nos que o cativo verá cos seus propios ollos como un ser querido pasa deste mundo ao outro acompañado e flanqueado pola Santa Compaña.
LocalizaciónEdrada, vila do concello de Vilariño de Conso (Ourense).
Observaciónsestrea no Auditorio Municipal de Ourense
Podes vela en Flocos.tV: http://flocos.tv/curta/adeus-edrada/
Crítica: CAFÉ & CHURROS: ´Adeus, Edrada?´ ou a agonía dunha Galicia