THE WEREPIG (2008)

Equipo técnico

Director/a: Sam Orti Martí
Guión: Sam Orti Martí
Productor/a: Xosé Zapata Pérez
Director/a de fotografía: Justo Guisasola Arnaiz
Montaxe: Francisco Xosé Rodríguez
Xefe/a Son: Daniel Patiño

Outros datos

  • Formato:  Curtametraxe
  • Xénero: Comedia
  • Modalidade:  Animación
  • Convocatoria:  Curtametraxes
  • Formato gravación: HD
  • Duración: 12 min
  • Idioma gravación / Rodaxe:  Galego
  • Orzamento:  60.000€
  • Subvención concedida:  15.000€
  • Ano de produción:  2008
  • Ano de subvención:  2006
  • Email: programacion@ibcinema.com
  • Data estrea: 27/09/2008
   Descrición

A película Un home lobo americano en Londres, capta en certa maneira a idea do noso relato. ¿E se no canto de ser un home lobo, é un home porco?, ¿e se ademais a historia desenvólvese en Galicia no canto de en Londres?, ¿e se o noso transformado home no canto de comerse á xente, ten que escapar para que a xente non o coma? Pois ben, aquí radica basicamente a historia da curtametraxe.
The Werepig é un proxecto moi ambicioso de curtametraxe, que se realizará coa clásica técnica de animación Stop-Motion, tamén chamada animación intervalométrica. Dita técnica consiste na animación de personaxes inertes, neste caso, fabricados con plastilina, que desempeñan o papel dos actores nuns escenarios en miniatura. Con estes elementos, vanse plasmando as escenas fotograma a fotograma ata conseguir a sensación de movemento, mediante a variación na posición e a postura dos personaxes sobre a escena en cada fotografía. Este tipo de animación, fíxose especialmente famosa nos anos 50 e 60 grazas a Ray Harryhaussen que realizou con ela os efectos especiais de películas como Jasón e os argonautas ou Sinbad e a princesa. Quen non se acorda dos esqueletos pelexando contra os protagonistas destas películas?
A Stop-Motion revalorizouse recentemente con películas como Chicken Run: Evasión na granxa da empresa británica Aardman Animation, a quen tamén hai que atribuír as aventuras en televisión e cine de Wallace e Gromit. Outro gran exemplo confórmano as obras de Tim Burton Pesadelo antes de Nadal e a recentemente estreada A noiva cadáver que tamén gozaron dun gran recoñecemento internacional tanto de crítica como de público.

   Argumento

Nunha viaxe pola xeografía galega, dous adolescentes americanos gozan ao seu xeito, sen respectar nada do que lles rodea. A súa impertinencia ante ás tradicións da zona, levaralles a unha pequena casa de embutidos rexentada por dous anciáns onde, moi ao seu pesar, acabarán formando parte activa desas tradicións.

   Localización

Animacion.

   Observacións

Primeiro premio na categoria de curtas de animación español en Animadrid 2008
Podes vela en Flocos.TV: http://flocos.tv/curta/the-werepig/

    Mapa web  |  Nota legal  |  Accesibilidade