SEN CHUMBO (2006)

Equipo técnico

Director/a: Jorge Saavedra Mancebo
Guión: Carlos Portela OrjalesElixio Rodríguez MonteroJorge Saavedra ManceboJulio LópezManuel Alberto Guntín Araujo
Productor/a: Miguel García Fernández
Compositor/a música: Manuel Riveiro
Director/a de fotografía: Francisco Piñeiro Vilas
Director/a de arte: Víctor Seara
Director/a -Xefe de produción: Miguel García Fernández
Montaxe: Jorge Saavedra Mancebo
Xefe/a Son: Nino Costoya Ramos
Axudante de dirección: Julio López
Maquillaxe/ perruquería: Chicha Blanco

Equipo artístico

Outros datos

  • Formato:  Curtametraxe
  • Xénero: Thriller-Suspense
  • Modalidade:  Ficción
  • Convocatoria:  Producción
  • Formato gravación: DV pro
  • Duración: 19 min
  • Idioma gravación / Rodaxe:  Galego
  • Orzamento:  10.000€
  • Subvención concedida:  5.000€
  • Ano de produción:  2006
  • Ano de subvención:  2006
  • Email: belos2004@hotmail.com
  • Data inicio rodaxe: 11/09/2006
  • Data fin rodaxe: 18/09/2006
  • Data estrea: 22/11/2006
   Descrición

Sin Plomo é unha curta moi traballada por un grupo de xente, que lle gusta moito o cine, pero tal e como están as cousas, so pode aspirar a realizar unha curta cada ano. Dicir que Sen chumbo é unha curta especial, especial porque realizáronse nove versións de guión, que para unha curta pois e case impensable, ademais este ano contase co aliciente de que se conseguiu unha subvención para a súa realización, sen ela sería imposible a produción. Por outra banda, conta cuns profesionais do mais alto nivel do panorama do audiovisual galego. Os obxectivos son claros, o primeiro é realizar unha curta que sexa interesante, que manteña a emoción do espectador desde o primeiro minuto ata o último, e o segundo sería que acade os maiores premios posibles nos distintos festivais o que se presente.

   Argumento

Sen chumbo pretende ser un prisma. Un cristal a través no cal se contemplan as diferentes facetas da psicoloxía humana. A través dunha situación de angustia pódese ver as distintas reaccións que provoca nun determinado número de personaxes que proveñen de distintos estratos sociais. Do que se quere falar é dos instantes que preceden a toma de decisións que nos afectan en cada momento das nosas vidas e de cómo esas decisións poden provocar, ou non, un cambio en nosoutros. Todos vivimos experiencias nas que tivemos que elixir entre actuar dun modo ou doutro para afrontar unha situación. A raíz da decisión que tomamos, a vida transcorre dunha forma ou doutra. Sin plomo explora ese momento na vida dun grupo de persoas que descubre algo sobre sí mesmos e no que queren converterse a partir dese momento. O curioso desta historia é que, aínda baseándose nunha estrutura dividida en tres actos, o tradicional presentación-nudo-desenlace, o modo no que transcorren os feitos e totalmente fora do normal. Unha vez presentados os personaxes e a historia, a trama bifurcase en cinco camiños, un para cada personaxe. A través do punto común para todos eles, que é a situación na que se encontran, tanto espacial, temporal e de acción, pódese ver cómo cada un deles tomará as súas propias decisións para continuar coa trama. A historia que se conta dende o punto de vista de cada un deles, pero só a través do que eles farían para sobrevivir a trama, neste caso o atraco a unha gasolineira.

   Localización

Sta Lucia e Sigüeiro (Santiago de Compostela).

   Observacións

Podes vela en Flocos.TV: http://flocos.tv/curta/sen-chumbo/
Crítica: CAFÉ & CHURROS: ´Sen chumbo´, ´Rashomon´ á galega

    Mapa web  |  Nota legal  |  Accesibilidade