LOBOS SUCIOS (2006)

Equipo técnico

Director/a: Felipe Rodríguez Lameiro
Guión: Felipe Rodríguez Lameiro
Productor/a: Felipe Rodríguez Lameiro
Compositor/a música: Belen González Blanco
Director/a de fotografía: Victorino Lourido GarcíaSergio Moreno Blanco
Director/a de arte: Belen González Blanco
Director/a -Xefe de produción: Silvia Balanza Najera
Montaxe: Felipe Rodríguez Lameiro
Xefe/a Son: Sergio Moreno Blanco

Outros datos

  • Formato:  Curtametraxe
  • Xénero: Historia e Biografía
  • Modalidade:  Documental
  • Convocatoria:  Curtametraxes
  • Formato gravación: HD
  • Idioma gravación / Rodaxe:  Galego
  • Orzamento:  12.662€
  • Subvención concedida:  4.800€
  • Ano de produción:  2006
  • Ano de subvención:  2006
  • Email: info@lobossucios.com
  • Web: http://www.lobossucios.com
  • Data inicio rodaxe: 15/09/2006
  • Data fin rodaxe: 20/09/2006
   Descrición

O obxectivo de Lobos sucios é que o espectador poida coñecer unha historia real de espías narrada cun estilo que semelle as antigas novelas sobre os buscadores de ouro. Unha narrativa visual que lles faga lembrar aventuras de espionaxe cércanas ás coñecidas obras de Jonh Le Carré. E todo recuperando a memoria histórica duns feitos que ocurriron nunha etapa clave na historia do mundo: a Segunda Guerra Mundial. De socato, Galicia convértese en protagonista das loitas entre os nazis e os aliados na procura dun preciado mineral agochado nos seus montes: o wolfram. 
Un ritmo visual entrelazado coas tres liñas narrativas dándolle sensación de lenda e realidade nun mesmo entorno. A figura dos lobos sucios, como metáfora dunha época na que unha delgada liña separaba o ben do mal, todo segundo a óptica de quen observe os feitos. A gravación en soporte dixital en HDV coas últimas tecnoloxías e cos equipos elixidos, permitiranos darlle distintas tonalidades de phantom de cor ás nosas liñas narrativas en función do que nos pida o guión. Os planos xerais e panorámicos dos montes nos que se atopan as minas de wolframio e as canteiras de pizarra, serán tratados cunha atmosfera envolvente que lles imprima misterio e maxia. A presenza reiterada ó longo da curtametraxe dos lobos, a modo de leit-motiv, darán continuidade e axilidade á narración.
Estamos desenterrando a memoria dende tres fíos condutores. Incluiremos entrevistas nas que as personaxes falen en primeira persoa dende as entrañas das minas (Eva mmm será quen nos amose un percorrido por esas corredoiras do pasado). Desta forma damos prioridade á propia terra. Son as pedras, os minerais os que nos queren falar.
A gravación terá lugar integramente en Valdeorras. As minas de Casaio serán o escenario central. O bosque do Teixadal e as inmediacións de Soutadoiro. Tamén se gravará nas canteiras de pizarra de Valdeorras. 
Ritmos celtas, nos que se marquen ritmos profundos e intensos, pausados por repiques de tambores que simulen a tensión da historia. Os mesmos redobres dos tambores que anunciaban a execución de presos nos penintenciarios da guerra.
Greta, a cantante do coñecido grupo musical Greta y los Garbo, sumará a súa única e portentosa voz ás das pandereteiras Leilía, acompañadas polos novos sons de fusión do grupo Nomhadas, no que canta a galega Karmeta Rodríguez... Voces femininas cantando nun galego doce e nostálxico en memoria de todos aqueles ós que este documental non quere esquecer. Música profunda e desgarradora que nacerá dende as entrañas da terra, voces que nos chegan dende o interior desas minas agochadas nos montes de Galicia.

   Argumento

Lobos Sucios trata de sacar á luz os entresixos da revolución mineira do Wolfram (wolf=lobo, ram=sucio) en Galicia durante a posguerra civil española, a partir do desenterro dun corpo, o desenterro da memoria e o desenterro dunha lenda.
Lobos sucios flúe a través de tres liñas narrativas que se entrelazan e relacionan co fin de obter unha metáfora fílmica a partir da mirada persoal do autor sobre a memoria ou testemuña dos protagonistas da historia. Primeira liña narrativa:
O DESENTERRO DUN CORPO
O documental comeza coas imaxes dun suceso, a exhumación dun cadáver. Son os restos do maquis Miguel Cardeñas Lozano, que cumpría una condena de 30 anos no destacamento penitenciario das minas de Casaio e que foi executado en circunstancias non esclarecidas. Avanzará coa reconstrución dos pasos seguidos para a localización da fosa onde foi atopado o corpo (nas inmediacións de Soutadoiro - Carballeda): colaboración de especialistas, historiadores e vellos da época para a determinación do lugar exacto, mobilización dos netos dende Xerez apoiados pola Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica. Esta liña narrativa enlazará coas seguintes a través de varias testemuñas que contan as andaduras de Miguel Cardeñas por terras galegas. “Miguel Cardeñas, coñecido como “o maquis andaluz”, formaba parte do movemento guerrilleiro e foi asasinado misteriosamente dun disparo na cabeza. Non foi o único en fugarse do destacamento penal nas minas de wolframio de Casaio, onde redimía a súa condena en 1944”. E rematará nun final aberto que parte dunha afirmación: “Esta non será a única exhumación, porque Galicia está sementada de mortos” (Esther Trasorras, presidenta da ARMH en Galicia), coa vocación de explicar “o que pasou” coas vítimas do 36.
Segunda liña narrativa:
O DESENTERRO DA MEMORIA
Trátase de rescata-la memoria dunhas minas de wolframio que construíron e dirixiron os alemáns durante a Segunda Guerra Mundial en territorio galego: a chamada “Cidade dos Alemáns”. As testemuñas das persoas que traballaron nas minas, das familias que saían ós montes a rouba-lo prezado e cotizado mineral, dos axentes secretos británicos e americanos que intentaban frea-la exportación de wolfram a Alemaña, de presos políticos da Guerra Civil española obrigados a traballar nos campos de concentración das minas... E todo para contar unha historia de buscadores dun ouro negro, o wolfram. Unha historia de lobos sucios (wolf=lobo, ram=sucio) que con artimañas, enredos, enganos e incluso violencia, asaltaron os montes galegos en busca dun futuro mellor. Xusto nese punto, esta liña narrativa enlaza coa primeira e a terceira, pois neses montes aparece o corpo do maquis andaluz e neses montes latexe unha das lendas máis arraigadas da cultura popular do conto galego: “o lobo da xente”.
Terceira liña narrativa:
O DESENTERRO DUNHA LENDA
Unha lenda de lobos coa que creceron moitas xeracións nesas típicas reunións familiares a pé do lume, nas frías noites de inverno, e que forma parte da literatura popular galega. Unha lenda que plasmou o célebre escritor Vicente Risco no seu conto: “O Lobo da Xente”. Esta terceira liña narrativa pretende recoller esa atmosfera de misterio e lenda que envolve á figura mítica do lobo, a través de imaxes do animal nos entornos filmados nas outras dúas liñas narrativas (montes, aldeas, minas...)
A primeira liña será narrada por contrastación fílmica entre as testemuñas das xentes de Carballeda que oíron falar da figura do maquis andaluz e as declaracións do seu neto. Entrevista co seu neto nas minas e declaración de Esther Trasorras. [6 minutos non lineais] A segunda liña será a troncal desta curta. Eva Aval rescatará a memoria das minas lembrando o que aprendeu do seu avó: o ilustre D. Tomás Terrón Mendaña, mestre nas minas dos alemáns en Casaio. Reforzarase coas intervencións de mineiros e traballadores da época e coa colaboración do doutor en filosofía Isidro García Tato (CSIC). Inclúe o punto final do documental coa participación do propietario de dúas canteiras en activo de Valdeorras. Trátase de Manuel Maestre que de mozo traballara nas minas de wolframio de Casaio e que hoxe en día lidera un sector en auxe doutro ouro negro: A PIZARRA. [13 minutos non lineais] A terceira liña será abordada polo escritor Manuel Rivas, dando a súa opinión sobre as lendas dos lobos na nosa terra a modo de conto ou relato curto. Completarase coas testemuñas dos vellos da zona sobre a figura do Lobo da Xente (os mesmos que falan do maquis andaluz na primeira liña narrativa). [6 minutos non lineais] Lobos Sucios é unha curtametraxe documental, polo tanto, o seu guión, por ser un traballo de investigación, non é algo completamente pechado. A estrutura, as imaxes de arquivo e as imaxes que imos gravar nós manteranse con poucos cambios respecto do que aquí aparece. Aínda que as entrevistas, evidentemente, non están realizadas porque son parte da gravación, aportamos retazos das conversacións mantidas con tódalas personaxes durante a labor de investigación e documentación.

   Localización

Fraga de Ricosende, Soutadoiro, Casaio, Viana do Bolo, Pena Trevinca, O Barco de Valdeorras e A Rúa de Valdeorras.

   Observacións

Selección oficial no Tribeca Film Festival de Nova Iorque (2008)
´Lobos sucios´ en Nueva York, por Matías Antolín
Podes velo en Flocos.TV: http://flocos.tv/curta/lobos-sucios/

    Mapa web  |  Nota legal  |  Accesibilidade