DANZA NA TERRA (2006)

Equipo técnico

Director/a: Xosé Vilaboy Vilariño
Guión: Xosé Vilaboy Vilariño
Productor/a: Xosé Vilaboy VilariñoAlvaro Liste Fernandez
Compositor/a música: Arturo Solar
Director/a de fotografía: Xosé R. Garrido
Director/a de arte: Jose Teiga
Director/a -Xefe de produción: Borja Mucientes Sandoval
Xefe/a Son: Óskar López
Axudante de dirección: Senén Outeiro Rodriguez
Script: Roi Carballido Facal

Equipo artístico

Outros datos

  • Formato:  Curtametraxe
  • Xénero: Experimental
  • Modalidade:  Documental
  • Convocatoria:  Curtametraxes
  • Formato gravación: HD
  • Duración: 28 min
  • Idioma gravación / Rodaxe:  Galego
  • Orzamento:  49.901€
  • Subvención concedida:  10.000€
  • Ano de produción:  2006
  • Ano de subvención:  2006
  • Email: alvaro.liste@gmail.com
  • Data inicio rodaxe: 21/08/2006
  • Data fin rodaxe: 28/08/2006
   Descrición

O obxectivo fundamental desta curta é experimentar o intercambio das distintas artes nun espazo distinto ó habitual. Se o destino último dun cadro adoita ser unha parede dun museo ou galería, aquí aparecerá no medio dun camiño, por exemplo. O mesmo acontece cá danza, que como vehículo de expresión servirá de elemento comunicativo nesta historia, na que a palabra non é precisa para narrar. Os sons do aire ou das pisadas con forza na terra, os ríos e montañas do Caurel son o mellor valor co que podemos contar. Tan só falta poñerlle un marco ficticio aproveitando o esforzo de tódolos creativos que figuran neste proxecto...

   Argumento

Uns mozos apúntanse a un certame de creación artística que terá lugar nun lugar despoboado.
Un vello, o ultimo habitante dunha aldea do Caurel, ve como ese verán, o grupo de mozos enchen as rúas de esculturas e pinturas sobre a figura humana coa intención de crear un entorno de arte contemporáneo ó aire libre.
Mentres o vello sigue sen inmutarse ca súa vida tranquila, os mozos descubre a natureza e interactuan con ela mediante unha danza. As aldeas do Caurel son o lugar onde ó través de distintas coreografías os protagonistas se namoran. As obras artísticas de distinto tipo son creadas nas rúas desas aldeas e cando eles se van, o avó sae a mirar e a coñecer un por un os seus novos veciños que o acompañarán durante o próximo inverno.

   Localización

Caurel: Seoane, Froxán, Seceda e Seara

   Observacións

Podes vela en Flocos.tv: http://flocos.tv/curta/danza-na-terra/
Crítica: CAFÉ & CHURROS: ´Danza na terra´ e diálogos co lugar

    Mapa web  |  Nota legal  |  Accesibilidade