LALÍNEA (2006)

Equipo técnico

Director/a: Jose González Varela
Guión: Jose González Varela
Productor/a: Jose González VarelaIván García Méndez
Compositor/a música: David Teijeiro Gonzalez
Director/a de fotografía: Benjamin Trillo Díaz
Director/a de arte: Lorena Terrón
Director/a -Xefe de produción: Iván García Méndez
Montaxe: Jose González Varela
Xefe/a Son: Roi Gil Lorenzo
Axudante de dirección: Miguel Corujo
Maquillaxe/ perruquería: Raquel Fidalgo FernándezEstefania Bello Martínez

Equipo artístico

Outros datos

  • Formato:  Curtametraxe
  • Xénero: Experimental
  • Modalidade:  Ficción
  • Convocatoria:  Curtametraxes
  • Formato gravación: Betacam
  • Duración: 6 min
  • Idioma gravación / Rodaxe:  Galego
  • Orzamento:  6.000€
  • Subvención concedida:  5.000€
  • Ano de produción:  2006
  • Ano de subvención:  2006
  • Email: vakamoska@hotmail.com
  • Data inicio rodaxe: 23/09/2006
  • Data fin rodaxe: 24/09/2006
   Descrición

Lalínea remite á sinxeleza. Este videoclip quere afondar na ilusión e no magnetismo da imaxe, otorgarlle a liberdade perdida ó espectador para que este poida, se quere, bucear na poética do tempo e o seu suceder. Expoñentes destas ideas brevemente esbozadas son Andrei Tarkovski e Jean Cocteau, místicos da imaxe e da súa poética. A concepción do plano como a dunha imaxe que se constitúe nunha dimensión temporal, que precisa dun tempo para formarse, para acadar unha autonomía. Xogos visuais que emocionan pola beleza do insólito, o imposible poético materializado nas imaxes das súas películas, ese afán de trascender a lóxica da convencional para re-crear desde a sinceridade e o corazón...

   Argumento

“Lalínea” trata da relación que se establece entre espectador e película visualizando esta mediante a figura eterna da imaxe especular. Bebendo de Tim Burton, David Lynch, Andrei Tarkovski e Lewis Carrol, a curtametraxe é concebida como un falso plano secuencia que une sucesivos espacios físicos que son, a súa vez, diferentes estados da consciencia.

   Localización

Interiores no Burgo (A Coruña); exteriores en Mabegondo (A Coruña).

   Observacións

Podes vela en Flocos.TV: http://flocos.tv/curta/lalinea/

    Mapa web  |  Nota legal  |  Accesibilidade