INCOMUNICADOS (2006)

Equipo técnico

Director/a: Juan Galiñanes García
Guión: Erica Esmorís Casais
Productor/a: Erica Esmorís Casais
Compositor/a música: Sergio Moure de Oteyza
Director/a de fotografía: Fernando Caamaño
Director/a de arte: Sofia Aldatz Alonso
Director/a -Xefe de produción: Erica Esmorís Casais
Montaxe: Juan Galiñanes García
Xefe/a Son: Jorge González Colado
Axudante de dirección: Iria Castro
Script: Katia Fraguela
Axudante de montaxe: David López

Equipo artístico

Outros datos

  • Formato:  Curtametraxe
  • Xénero: Comedia
  • Modalidade:  Ficción
  • Convocatoria:  Curtametraxes
  • Formato gravación: HD
  • Duración: 9 min
  • Idioma gravación / Rodaxe:  Galego
  • Orzamento:  27.231€
  • Subvención concedida:  5.000€
  • Ano de produción:  2006
  • Ano de subvención:  2006
  • Email: ericaesmoris@hotmail.com
  • Web: http://www.laislafilms.blogspo t.com/
  • Data inicio rodaxe: 09/09/2006
  • Data fin rodaxe: 10/09/2006
   Descrición

Esta historia de 9 minutos gravada en HD non só pretende facer sorrir. A súa intención é achegarnos, en ton de comedia, á incomunicación e á tendencia a establecer categorías e a agrupar ás persoas dentro delas dando lugar aos estereotipos.
Incomunicados trata dunha especie contemporánea de Matanza do Porco. Nun vagón dun tren de cercanías, prodúcese un malentendido entre o protagonista, un home, que regresa a casa despois do traballo na oficiña, traxeado, cun elegante portadocumentos e un xove obeso. Malentendido que é visto por outros ocupantes de vagón e que solucionaríase só con que un falara. Pero ningún o fai.
Créase un ambiente claustrofóbico nun vagón de tren cheo de persoas, e de entre as cales distínguese un individuo obeso, suorento e vestido de rosa.
Ao tratarse dunha curta sen diálogos para conseguir este efecto de angustia e hostilidade vai seguirse unha posta en escena con planos cargados de significado nos que o espectador poida percibir todo o trasfondo social.
Incomunicados é un proxecto de curta ambicioso e tecnicamente complexo pero que ten moitas posibilidades que conta con importantes colaboración de empresas como RENFE, AFID, GADISA, BOKETE e COCA COLA, e de técnicos e actores de calidade. Sen a súa axuda desinteresada esta curta sería imposible.

   Argumento

Un executivo dunha empresa de finanzas entra con presa no quiosco de prensa a comprarse unha revista e un paquete de filipinos, que mete no peto do seu abrigo gris tres cuartos.
Como cada noite, colle o tren de cercanías que o leva á súa casa. Pero esta vez a viaxe non será todo o relaxante que él espera. Ó seu carón séntase un xove obeso que comeza a robarlle disimuladamente os ariños chocolateados. Aínda que o executivo trata de non perder o control e contener a repugnancia estalla ante a sorpresa do resto de pasaxeiros. Encolerizado, baixa na seguinte parada. Cando chega á parada é o primeiro en baixar. Xa fora do tren e no momento no que se pon o abrigo, horrorizado saca algo do peto. O paquete íntegro de aritos. O tren pecha as súas portas..

   Localización

Estación tren da Coruña.

   Observacións

Podes velo en Flocos.TV: http://flocos.tv/curta/incomunicados/

    Mapa web  |  Nota legal  |  Accesibilidade