MEMORIA DO SÉCULO XX: 8mm
O patrimonio audiovisual
No seu trixésimo terceira reunión, celebrada en París o 5 de outubro de 2005, a conferencia xeral da Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura (UNESCO), aprobou a resolución na que se proclama o 27 de outubro de cada ano Día Mundial do Patrimonio Audiovisual. Con esta decisión, a UNESCO persevera na súa política para a preservación do patrimonio audiovisual mundial, iniciada en 1980 coa Recomendación sobre a Salvagarda e a Conservación das Imaxes en Movemento, e invita aos estados membros da UNESCO, as Comisións Nacionais, as organizacións non gubernamentais e as institucións públicas e privadas (escolas, arquivos, museos, asociacións culturais, organizadores de festivais e asociacións de artistas creadores e intérpretes ou executantes, así como outras institucións capaces de sensibilizar ao público e lograr o recoñecemento da importancia dese patrimonio), a que prevexan modalidades adecuadas para a celebración dese día e contribúan a el de acordo coas súas posibilidades.
O obxectivo é contribuír á conservación do patrimonio audiovisual sensibilizando ao público a este tipo de bens culturais. Os bens culturais do patrimonio audiovisual constitúen un tipo moi concreto de patrimonio cultural característico das actividades do mundo contemporáneo. O patrimonio audiovisual, especialmente aquel filmado polos particulares, é con frecuencia un testemuño de primeira man do desenvolvemento económico, político e social, e da diversidade das culturas. Ao mesmo tempo, é un dos bens culturais máis vulnerables e que necesita unha atención especial.
A Consellería de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia, proponse seguir as directrices da UNESCO e contribuír a salvar para a posteridade filmacións en formatos de cine de 8 mm feitas en Galiza ou por galegos. Esta campaña de recuperación iníciase con esta
IV Edición de Cinema de Noite, aproveitando a circunstancia de que este ano conmemórase o 75 aniversario do cine de 8 mm.
Cine de 8 mm, memoria do século XX. O segundo domingo de agosto de 2007 é o 75 aniversario da introdución, en 1932, da película de cine de 8 mm. Aínda que a película de 8 mm séguese fabricando hoxe en día (en casi todas as súas modalidades), principalmente para o seu uso por profesionais ou en escolas de cine, durante moitas décadas do século pasado, antes do advenimento do vídeo, miles de cámaras vendidas en toda Galiza, e millóns en todo o mundo, filmaron en 8 mm todo tipo de escenarios, desde películas familiares sen elaborar, ata obras premiadas internacionalmente, Pode afirmarse que nas películas de 8 mm está recollida a memoria cotiá do século XX. Desafortunadamente, moitas destas películas deterioránse esquecidas en trasteiros, áticos ou sótanos, pois, mentres as filmotecas concentrarónse en salvar parte da produción profesional en 35 mm, esquecéronse, a nivel mundial, dos formatos de cine non profesionais nos que se atopa filmada boa parte da nosa historia cotiá. Como razoa Martin Scorsese: “
Salvar o noso patrimonio cinematográfico non debería estar únicamente circunscrito ás películas producidas comercialmente. As películas de cine amateur non só capturan importantes momentos das vidas privadas das nosas familias, senón que son tamén documentos históricos e culturais. Recordemos a película de 8 mm mais vista do mundo: o asasinato do presidente Kennedy, filmada polo afeccionado Abraham.
Ou as famosas escenas de Frida Kahlo e Diego Rivera filmadas por Nickolas Muray. Imaxinemos que diferente sería a nosa memoria histórica sen estas valiosísimas películas. Eu encarezco a que se fagan actividades en todo o mundo dedicadas a cuidar e preservar as películas de 8 mm, para que a xente saiba como o cine de paso estreito axudou a capturar a historia do século XX”.
Todo este legado filmado en 8 mm durante o século XX, con valiosas imaxes irremplazables, atópase en perigo tanto pola conservación en condicións e lugares inadecuados, como pola carencia dos equipos requirido para a proxección. Este ano, en Estados Unidos, foi atopada unha nova película de 8 mm con filmacións da comitiva na que ía, noventa segundos antes do seu asasinato, o presidente Kennedy e a súa esposa Jacqueline. A película, filmada en Kodachrome II polo afeizado George Jeffries, dura corenta segundos e mostra a unha radiante Jackeline Kennedy e ao seu esposo que saúdan ao xentío. Durante corenta anos a película estivo gardada, semiolvidada, no dormitorio do seu propietario, conservada xunto con outras películas de 8 mm sen precaucións especiais.
Con toda probabilidade, hai moita outra xente que posúe nas súas casas, en Galicia e calquera outra parte do mundo, vellas películas familiares tan importantes como as de Abraham Zapruder ou a de George Jeffries, que non se coñecen pois os seus propietarios non as consideran relevantes. Pero para os historiadores e sociólogos cada fotograma destas películas esquecidas é un tesouro do pasado.
O lamentable é que nun futuro próximo, nuns dez ou vinte anos -segundo os expertos da UNESCO-, unha gran parte desta memoria colectiva, filmada en 8 mm, perderase inevitable e irreparablemente. Esta perda terá lugar sen que a sociedade se decate diso, debido a que o seu deterioro non é como o doutros tipos de herdanzas (por exemplo, os edificios históricos), fácilmente percibido polo público. É precisamente esta falta de sentido de perda física e inmediata, relativa ao material cinematográfico privado, a que contribúe á falta de conciencia e á ausencia de medidas oportunas.
Hoxe en día existen novas solucións técnicas que garanten a longa preservación, o acceso e a reutilización destas filmaciones feitas por particulares, como a transferencia a formatos dixitais trala restauración dos soportes cinematográficos, cunha calidade inimaxinable ata fai ben pouco, grazas á disponibilidade de telecines que escanean fotograma a fotograma os minúsculos fotogramas de 8 mm.
A Consellería de Cultura e Deporte, seguindo as directrices marcadas pola UNESCO, sérvese do programa comarcal Cinema de Noite, de promoción do cine galego en areas rurais en formato de 35 mm, para dar a coñecer a campaña
“Cine de 8 mm, memoria do século XX”. O obxectivo perseguido por esta campaña é descubrir, restaurar e dixitalizar aquela parte do patrimonio audiovisual de Galiza filmado por particulares neste ancho cinematográfico. A campaña continuará o vindeiro ano.
Recuperando o patrimonio audiovisual galego A Consellería de Cultura e Deporte encargarase de restaurar as películas familiares e devolvelas nun formato dixital moderno, como o DVD, sen costo algún para os particulares.
A campaña "
Cine de 8 mm, memoria do século XX" non só se circunscribirá aos formatos de 8 mm (standard 8, súper 8, single 8, Polavisión), senón tamén a todos os pasos de cine estreito empregados polos afeizados en Galiza (16, súper 16, 17.5 mm e, ata, 9.5 mm).
A única limitación é que deben ser películas orixinais filmadas por afeizados. En ningún caso poderán incluírse películas comerciais editadas nalgún destes formatos. Todas as películas que se obteñan mediante esta campaña de recuperación serán revisadas, reparadas, lubrificadas e, finalmente, telecinadas dixitalmente e debidamente catalogadas, sendo fornecido ao dono dá película copia en DVD, todo iso sen custo algún para o participante.
Por suposto,
os dereitos das imaxes seguirán sendo do depositario do filme, como así figura no contrato de cesión. Os orixinais cinematográficos
poderán quedar en depósito na Consellería de Cultura e Deporte ou non, mentres que ao participante seralle fornecido, sen cargo algún, o material telecinado en soporte dixital DVD.
Proceso técnico:1) O propietario dos materiais entra en contacto coas entidades que figuran ao final deste documento, dando conta sobre os filmes que pretende incorporar á campaña.
2) O propietario dos filmes asina un contrato de depósito do material coa Conselleria de Cultura e Deporte no que salvagarda a propiedade dos materiais audiovisuais que cede e procede ao seu envío a través de calquera sucursal da mensaxería Tourline a portes debidos.
3) Farase unha revisión inicial para determinar o formato, emulsión, cadencia de filmación e tipo de son. Os datos obtidos serán envorcados no noso sistema informático.
4.-Todas as películas serán cuidadosamente limpadas e lubrificadas, co líquido especial Filme Guard que utilizan a meirande parte das Filmotecas do mundo.
5) Os empalmes, seguramente quebradizos nas mais antigas, serán refeitos, así como arranxados os piquetes, empreñando unha cinta especial importada do Xapón
6) Cada película, dependendo do seu paso e formato, será telecinada nun telecine profesional de última xeneración con resolucións 2K RGB 10 bits con cuantización logarítmica. Ademais, un sensor óptico retira automáticamente as uñas de arrastre, non portelo, en caso de empalmes deteriorados, de forma que non se danen os valiosos orixinais.
7)- Os materiais telecinados serán devoltos en soporte dixital DVD a cada participante. Os materiais orixinais cinematográficos poderán depositarse na Consellería de Cultura e Deporte para a súa catalogación e conservación, ou tamén poden ser devoltos ao seu propietario, se así o decide.
8.) En calquera caso a Conselleria de Cultura e Deporte garante a propiedade das imaxes aos seus depositarios ou propietarios. Baixo ningún concepto poderán utilizarse ou cederse as imaxes recuperadas sen autorización expresa dos seus propietarios.
Enderezos de contacto:
Axencia Audiovisual Galega (AAG) R/ Angustia, 2, baixo, 15703, Santiago de Compostela
Teléfonos: 981 575000/ 981577829/ 881975949
Email:
audiovisual.cultura@xunta.es Ignacio Benedeti Cinema (Filmoteca) Avd. Nostián, nave 3
15008 A Coruña
Teléfono:981 259247
Email:
filmoteca@ibcinema.com
Outras restauracións
EU, O TOLO (1978-1982) (super 8mm) de Chano Piñeiro
Castelao (16mm) Jorge Prelorán
A ROMERIA DA MORTE (1975) (Alberto Estévez Piña)