15-11-2007 Na Facultade de Xornalismo e deCiencias da Comunicación de Santiago de Compostela celebrouse o acto de entrega de premios da XIV edición dos Premios de Publicidade en Galego outorgados polo Consello asesor de TVE en Galicia e a CRTVG.
O acto contou coa presencia do presidente do Consello, Xosé Luís Garcia Casasnovas, Luís Bará, Director Xeral de creación e Difusión Cultural, Marisol López Martinez, Secretaria Xeral de Política lingüística, Domingo González, representante de TVE en Galicia, Suso Iglesias director da TVG e Fernando Salgado, Secretario Xeral de Comunicación da Consellaría de Presidencia, entre outros membros do Consello Asesor.
A gala foi presentada pola actriz Uxía Blanco.
Os premios foron os seguintes:
- No apartado Internet á Oficina virtual da Axencia Audiovisual galega presentada por Interacción.
- No apartado de Radio: “Agasallo Cultura 2006”, elaborado por Ovo Publicidade para a Direción Xeral de Creación e Difusión Cultural.
- No apartado televisión: spot “Augas de Cabreiroá" de Continental produciones e Axencia Imaxe Intermedia.
- En canto ao premio “Campaña de autopromoción dos premios de publicidade en galego", foi outorgado ao grupo A-vespas formado por Marta Fariña Castro, Ana Escrigas Rodríguez, Alicia Galiña Seijo e Sara Gonzalez Gomez.
Todos cantos traballamos nesta "oficina virtual" ao servizo do audiovisual galego, agradecemos ao Consello Asesor de TVE-G e a CRTVG este recoñecemento que se produce dez días antes do noso primeiro cumpreanos.
I ANIVERSARIO DA AXENCIA AUDIOVISUAL GALEGA
Parabens compañeir@s da Axencia...polo traballo feito.
NORABOA x permitirnos os q vivimos medio na diaspora star o dia do q pasa co audiovisual na nosa terra. Herzliche Glückwünsche!
Y eso que van de "indies"..... Congratulations and celebrations!!! Hats off boys and girls!!!
La página web de la Axencia se ha convertido en una herramienta de trabajo indispensable. Nos ayuda a ponernos en contacto entre todos y da transparencia a la gestión. Consiguieron construir un espacio que rompe los parámetros de una pagina web "tradicional". Enhorabuena.
ENHORABUENA!!!!. Y BIEN MERECIDO QUE LO TIENEN!!!.